Presidente de Bangladesh

Presidente da República Popular de Bangladesh
গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশের রাষ্ট্রপতি
Selo presidencial
Titular
Abdul Hamid
Dende o 20 de marzo de 2013

TratamentoA Súa Honorable Excelencia
ResidenciaBangabhaban
SedeDacca
Designado porParlamento de Bangladesh
Creación26 de marzo de 1971
Primeiro titularSheikh Mujibur Rahman

O Presidente de Bangladesh (bengalí: বাংলাদেশের রাষ্ট্রপতি: — Bangladesher Raṣhṭrôpôti) é o Xefe de Estado de Bangladesh.

O cargo de presidente foi mudado tres veces dende a independencia de Bangladesh en 1971. No ano 1991, coa restauración dun goberno democraticamente elixido, Bangladesh adoptou unha democracia parlamentaria. O Presidente cumpre agora un papel practicamente cerimonial e é elixido polo parlamento.[1]

En 1996, o parlamento aprobou unha nova lexislación que aumentaba a autoridade executiva do Presidente, segundo o establecido na Constitución, despois de que o Parlamento fose disolto. O Presidente reside en Bangabhaban, onde ten o seu despacho e a residencia. O Presidente é elixido polos 300 parlamentarios nunha votación aberta, e xeralmente representa ao partido maioritario da lexislatura.[2][3][4] Continúa no seu cargo despois de caducar o prazo de cinco anos até que un sucesor sexa elixido para a presidencia.[2]

  1. "U.S. Relations With Bangladesh". www.state.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2002. 
  2. 2,0 2,1 "Constitución de Bangladesh" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2019. 
  3. "Reminiscence of a lost battle: Arguing for the revival of second schedule" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2019. 
  4. "Acta de Elección Presidencial, 1991" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search